|
Artigos recentes en Carnoedo (e-xornal da SNC)
|
Thursday, 24 November 2011 23:05 |
|
Nun artigo publicado no seu blog de debate sobre Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Rexional, Roberto Varela fai unha breve exposición da labor dos organismos públicos e privados na introdución das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) en espazos rurais e urbanos da Irlanda.
|
|
|
Sunday, 27 March 2011 00:00 |
|
"Na Galiza sentinme sempre como na miña casa", afirma o mundialmente famoso músico escocés nun programa de televisión que, viaxando por Galiza, Bretaña, Cornualla e Irlanda, explora a conexión cultural entre as nacións celtas desde unha perspectiva musical.
|
|
Sunday, 27 March 2011 00:00 |
|
O galeguismo histórico caracterizábase por unha firme promoción do carácter céltigo da cultura autóctona galega. Un daqueles antigos galeguistas, Francisco Fernández del Riego, escribiu unha loubanza ao Bardo Pondal na extinguida revista "Ith" da Irmandade Céltiga.
|
|
Thursday, 24 February 2011 00:00 |
|
A descoberta de frores nunha mámoa en Forteviot demostrou que os nosos devanceiros da Idade do Bronce facían ofrendas frorais aos seus mortos, tal como seguimos facendo hoxe 4000 anos máis tarde.
|
|
Monday, 01 November 2010 00:00 |
|
O Comité Bretagne-Galice, asociación bretoa creada para desenvolver os intercambios económicos e culturais entre os dous países, ten como un dos seus obxectivos persuadir ao goberno autónomo bretón para que cree unha Casa da Bretaña na Galiza.
|
|
Wednesday, 28 April 2010 19:23 |
|
A Sociedade Nacional Céltiga estima que a grande política de transporte pendente no Goberno Galego segue a ser a criación dunha autoestrada Europea, marítima, que nos conecte directamente co Reino Unido e Irlanda, os nosos viciños e dous dos países máis ricos da Unión Europea e do mundo.
|
|
Saturday, 25 July 2009 00:00 |
|
A Sociedade Nacional Céltiga é unha asociación creada para promocionar a importancia céltiga e Atlántica na sociedade e cultura galega antiga e contemporánea.
Os obxectivos estatutarios da Sociedade Nacional Céltiga son:
a) A nivel nacional galego: fomentar, orientar, coordinar e divulgar un labor investigador multidisciplinar sobre a historia, cultura e socioeconomía de Galiza que valorice e promocione a importancia céltiga e Atlántica na sociedade e cultura galega antiga e contemporánea.
b) A nivel de relacións entre Galiza e o resto das nacións céltigas: fomentar, orientar, coordinar e divulgar un labor investigador multidisciplinar sobre as relacións culturais e socioeconómicas de Galiza coas nacións céltigas de Irlanda, das illas Británicas e da Armórica, tanto en tempos históricos como contemporáneos.
c) A nivel de relacións entre Galiza e Inglaterra, como reinos atlánticos históricamente amigos nos eidos político e comercial: fomentar, orientar, coordinar e divulgar un labor investigador multidisciplinar sobre as relacións culturais e socioeconómicas da Galiza e Inglaterra, tanto en tempos históricos como contemporáneos.
d) Representar, publicitar, divulgar e promover o coñecemento da historia, cultura e sociedade galega en foros internacionais, especialmente nos foros e eventos socioculturais, académicos e económicos irlandeses, británicos e bretóns.
A maior parte das nosas actividades corresponden á publicación de contidos informativos no xornal electrónico Carnoedo, dentro do website www.galician.org.
Se desexa que lle avisemos cando publiquemos novos contidos, pode subscreberse ao noso Boletin de Novidades, ben por RSS ou por envío das novidades directamente ao seu correo electrónico.
A Sociedade Nacional Céltiga desenvolve as súas actividades grazas ao traballo desinteresado dun extenso número de colaboradores. Se ten interese en colaborar coa Sociedade, contacte connosco en , explicándonos en qué tipo de colaboración está interesado.
|
|
|
|
|
Novas da Sociedade Nacional Céltiga
Subscrébase á newsletter da SNC para estar informado da publicación de novos artigos no e-xornal Carnoedo.
|